21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Foz reclama que se minimice o impacto da obra da autovía sobre o patrimonio natural e monumental do Concello

06-02-19

Foz, 6 de febreiro de 2019. O BNG de Foz considera que as infraestruturas de transportes e comunicacións son necesarias para fomentar a actividade produtiva e para facilitar a mobilidade de persoas e mercadorías .
Neste sentido o BNG pensa que a A-74 é necesaria para vertebrar a comarca da Mariña, para comunicala coas comarcas das Rias Altas e do exterior e para potenciar a importante actividade económica que se dá nela .
Con todo, o trazado que finalmente se escolla debe respectar o patrimonio natural e monumental do Concello, alonxando canto sexa posible a autovía da Basílica de San Martiño. Debe respectar tamén as vivendas habitadas, e neste sentido os nacionalistas apoiarán calquera alegación que vaia nesta liña .

O BNG leva máis dunha década informando e presentando iniciativas sobre esta infraestrutura.
Compre lembrar que no ano 2007 o BNG presentou unha moción no Concello na que se propoñía que os técnicos municipais determinasen qué cantidade de solo quedaría invalidado para usos residenciais e que o equipo redactor do PXOM determinase o mellor trazado da autovía desde a perspectiva da vertebración territorial do concello, do desenvolvemento urbanístico e do impacto medioambiental . Tamén reclamaba a moción o rexeitamento dos tres trazados que propoñía daquela Fomento, e que se acordase un novo que respectase os criterios do Concello e dos veciños.
No mes de setembro de 2007 o BNG realizou actos informativos por todas as parroquias do concello para explicar os tres trazados de Fomento e recoller as opinións dos veciños , con vista a elaborar posibles alternativas .

No ano 2009 , en vista do retraso na execución dos tramos da vía de alta capacidade do litoral, nos tramos de Fomento ( Barreiros -San Cibrao ) e da Xunta (San Cibrao -Ferrol ) os concelleiros do BNG presentaron outra moción, na que reclamaban que se acordasen prazos e consignacións orzamentarias que permitisen rematar a vía Barreiros -Ferrol no horizonte de 2014 .
Asimesmo no mes de xullo de 2009 presentou cinco alegacións ao trazado da autovía proposto por Fomento, entre elas as que reclamaban reducir o impacto da mesma nas proximidades da Basílica de San Martiño, da área recreativa do Carme, e nas fontes, mananciais e vías do concello .
O BNG insta ao Estado e á Xunta a acabar co atraso da comarca en materia de infraestruturas
Agora , o BNG volve a denunciar o retraso de 20 anos na execución desta obra , e reclama que se axilicen os tramos Foz-San Cibrao, competencia do Estado, e San Cibrao –Ferrol, competencia da Xunta , con consignacións orzamentarias urxentes, para paliar a marxinación á que condenou a comarca da Mariña a substitución do trazado pola costa ata Ferrol polo actual trazado polo interior.
Para o BNG, é prioritaria a axilización deste tramo da A-74 Barreiros-Foz así coma a dos outros dous tramos, Foz-Burela, e Burela-San Cibrao, que se deberan licitar simultaneamente a este, para poder executalos tamén simultaneamente, e que poidan entrar en funcionamento nun prazo máximo de 5 anos. Por eso desde o BNG instan tamén a todos os representantes políticos da provincia e da comarca no Congreso dos Deputados, a posicionarse en defensa da axilización destas infraestruturas tan necesarias para A Mariña.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive