17 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello comeza as obras de mellora da praza do Souto e da rúa da Aldea, en Cervo

09-02-19

Cervo, 9 de febreiro de 2019.- O Concello de Cervo vén de iniciar as obras de mellora integral da Praza do Souto, e dun tramo da Rúa da Aldea, en Cervo.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron supervisando a actuación que conta cun orzamento próximo aos 300.000 euros (289.250 euros concretamente); todos eles procedentes de fondos municipais, froito do remanente de tesourería; e que ten como obxectivo “mellorar, embelecer e facer máis confortable esta zona do centro neurálxico de Cervo, tan frecuentada polos veciños deste núcleo, que de por si ten moitísimo encanto; que se verá reforzado con esta nova actuación necesaria para fixar e asegurar a superficie deteriorada”.
Villares desagregou polo miúdo o proxecto que consiste na renovación do pavimento, creando no caso da Rúa da Aldea espazos diferenciados para os peóns e o tráfico rodado; renovarase a rede de sumidoiros, independizando a recollida de augas residuais e pluviais. Ademais, tamén se renovará a rede de abastecemento de auga, e melloraranse as redes de alumeado público, de telefonía, e de suministro eléctrico, substituíndo o tendido aéreo en superficie por unha canalización soterrada, eliminando así o impacto visual do cableado. Tamén se instalará, así mesmo, novo mobiliario urbano e incidirase no concepto da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas.
A obra enlaza cos traballos de acondicionamento que se están a levar adiante en varias rúas do núcleo de Cervo, e que xa están en fase avanzada. Unha actuación que, precisamente foi supervisada vai uns días pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; xa que nese caso a actuación está sufragada pola Administración autonómica, que inviste medio millón de euros.
Con estas dúas obras complementarias, o núcleo de Cervo, quedará, pois, completamente renovado e humanizado para desfrute da veciñanza.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive