22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo declarou a caducidade da licenza urbanística do esqueleto do Castro da Atalaia, o que impide que se poidan retomar unhas obras paralizadas desde hai anos

12-02-19

Cervo, 12 de febreiro de 2019.- O Concello de Cervo xa declarou a caducidade da licenza urbanística do esqueleto ubicado no Castro da Atalaia que lle fora outorgada no seu momento a Promociones San Ciprián S.L. Este trámite ratifica que as obras iniciadas non poden continuar ao non existir ningún permiso en vigor que as ampare; a construción, pois, xa non está avalada por ningún título xuridíco-administrativo.
Ademais, o rexedor, Alfonso Villares, anunciou que no día de hoxe “xa iniciamos tamén os trámites administrativos para declarar a reposición da legalidade urbanística respecto á construción dese esqueleto no que se planificaron no seu día 42 vivendas”.
Tal e como apuntou Villares, “estamos a dar os pasos correctos, e sen demorarnos, para lograr o obxectivo do Concello de Cervo, que non é outro que o de derrubar tanto esta construción, como o edificio de vivendas deshabitado que hai o carón e que leva máis de trinta anos construido; e poñer en valor o xacemento, inventariado por Patrimonio no ano 2007, que forma parte do patrimonio cultural e natural dos e das cervenses”. Sabemos que o proceso, pola súa complexidade, pode dilatarse no tempo, -engadiu- pero “o importante é seguir o camiño apropiado, como se está a facer, para recuperar o estado orixinal desta parcela”.
O Concello de Cervo xa redactou, ademais, un Plan Especial de Protección do Castro que delimita toda a zona afectada e regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superfie a preservar; e fixa as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido, entre outos aspectos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive