22 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo solicítalle ao Ministerio de Fomento que reforce a seguridade na intersección de Río Cobo, na N-642

08-02-19

Cervo, 8 de febreiro de 2019.- O Concello de Cervo vén de solicitarlle ao Ministerio de Fomento o reforzo da seguridade na intersección de Río Cobo, no punto quilométrico 52 da N-642, a ámbolos dous sentidos da circulación.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron esta mañá na zona con efectivos da Policía Local, analizando o problema e valorando posibles solucións.
Tal e como explicou Villares “trátase dun punto moi conflitivo no que se producen, a miúdo, situacións de risco; xa que os vehículos que utilizan a vía de servizo de incorporación á Nacional, tras facer o stop regulamentario, vense sorprendidos diariamente por coches a gran velocidade que utilizan este ramal como carril de adiantamento, para sortear os vehículos que circulan con normalidade por esta vía principal; unha manobra que resulta perigosa e que pode provocar accidentes”.
O rexedor precisou que esta é unha demanda que parte tamén de moitos veciños, de moitos condutores, que se puxeron en contacto con nós para facernos chegar esta reivindicación; e agora, unha vez trasladada a petición a Fomento, “do que se trata é de buscar unha solución efectiva o antes posible, como podería ser, por exemplo, a instalación de bandas redutoras que obriguen a aminorar a marcha neste punto, co fin de garantir a seguridade e reducir o risco de accidente”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive