Lugo 21-2-19. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, lamenta que o Partido Popular pretenda atribuirse desde a oposición a redacción dos proxectos de trazado e construción que permitirán executar o treito Burela-Foz da A-74.
A subdelegada do Goberno lémbralle ao PP que tivo tempo dabondo mentres estivo no Goberno para redactar os proxectos e mesmo para executar as obras, pero no lugar de facelo, este partido político o que fixo foi manter bloqueada, dende o ano 2017, a formalización do contrato para redactar os devanditos proxectos.
O BOE non minte e deixa en evidencia que foi o ministerio de Fomento do Goberno de Pedro Sánchez quen se preocupou de desbloquear unha situación que o PP mantivo empatanada durante anos porque nunca defendeu os intereses dos veciños da Mariña nin do resto da provincia de Lugo.