22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Servizo de Audiovisuais da Deputación emitirá en directo os Campionatos Internacionais de Baristas de Foz do 13 ao 15 de febreiro

11-02-19

Lugo, 11 de febreiro de 2018. O da Deputación emitirá en directo, do 13 ao 15 de febreiro, o XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería e o VII Campionato Internacional de Baristas Profesionais que organiza o IES de Foz. Así o avanzou o Presidente, Darío Campos Conde, no acto de presentación destas xornadas coas que colabora o organismo provincial, no que apuntou que “alumnos de realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, serán os encargados do streaming. Continuamos, por tanto, coa frutífera colaboración que mantiveron durante dez anos a Fundación TIC e instituto mariñán”.
Durante a presentación, Campos Conde estivo acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio, o profesor Marcos Santamaría e os alumnos José Miguel Bodenlle e Francisco José García, que representarán ao centro focense nos Campionatos Internacionais de Baristas e de Catas de Cafés de Escolas de Hostalaría. Eles foron os encargados de preparar unha degustación de cafés, “e de demostrar por que o IES de Foz é un centro de referencia nesta materia, e por que teñen saído del algúns dos mellores profesionais a nivel nacional”, apuntou o responsable provincial.
Proxección nacional e internacional
O Presidente destacou que “a colaboración vai máis aló do ámbito formativo, xa que grazas a esta emisión, daremos proxección nacional e internacional tanto ao Concello de Foz como ás competicións. Debemos ter en conta que este ano participan 13 Escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León, e 14 profesionais de gran nivel, algúns deles saídos do centro de Foz. Un encontro destas características suscita gran interese no sector”.

Práctica en escenario real
Segundo avanzou Campos Conde, a emisión en directo servirá de práctica nun escenario real aos nosos alumnos de segundo de Realización, que empregarán catro cámaras e rotarán por todos os postos necesarios para unha retransmisión por streaming: operador de cámara, mesa de son, grafismo, fotografía, axudante de realización e realización.

“Terán que vivir os nervios e o estrés do directo, e enfrontarse aos problemas que sempre xorden nunha emisión destas características. É dicir, deberán asumir as mesmas situacións que atoparán cando accedan ao mercado laboral. E este ano, cun novo reto: o cambio de localización, xa que o pavillón é un espazo máis grande que o salón de actos, o que fai necesario unha planificación diferente”.

Tres xornadas de competición
O encontro arranca o mércores ás 17:00 horas coa Final do XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o VII Campionato Internacional de Cata de Cafés. O xoves comezará as 10:00 horas coa segunda xornada do Campionato de Baristas; ás 13:00 horas haberá unha demostración de coctelería de autor a cargo de Bartender Pernod Ricard. Por último, o venres será a quenda do VII Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que dará comezo as 9.00 horas. Ás 14:00, celebrarase O marketing na hostelería, a cargo de Juan Pedro Holgado, Key Account Manager OOH de Lotus Bakeries España. O xoves e o venres, de 9:30 a 13:30, na cafetería de Hostalería e no Pavillón haberá degustación gratuíta de café para todos os que se acheguen ao centro durante os campionatos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive