23 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os populares lamentan que “a ministra de Industria non aproveitara a visita a Lugo para anunciar unha mellora dos orzamentos do Estado para a nosa provincia”

07-02-19

Lugto, 7 de febreiro, 2019. Os populares lucenses lamentan que “a ministra de Industria non aproveitara a súa visita a Lugo para anunciar unha mellora dos orzamentos do Estado para a nosa provincia”. É máis, dende o PP da provincia de Lugo consideran que “Maroto só veu a facerse a foto, pero perdeu a ocasión de atender as demandas dos lucenses”.

Nese sentido, dende o Partido Popular da provincia consideran “outra burla para a provincia” a visita da ministra de Industria, Comercio e Turismo. “Por se non fora pouco o agravio aos lucenses no borrador dos Presupostos Xerais do Estado que elaborou o Goberno do PSOE, agora ven unha ministra socialista a Lugo con promesas, pero coas mans baleiras”.

“As necesidades dos lucenses non se atenden con promesas, senón cunha aposta clara e decidida pola provincia que lamentablemente non amosa o Goberno socialista que só destina 213 euros de investimento por habitante na provincia de Lugo”, critican os populares. Así, recordan que “Galicia é das comunidades autónomas máis castigadas por Pedro Sánchez” deixando claro que “os lucenses non somos unha prioridade para o PSOE”.

O PSOE lucense, ausente
Dende o PP da provincia engaden que “o PSOE lucense mantense ausente na demanda de melloras nos Presupostos Xerais do Estado que beneficien aos nosos veciños e veciñas” demostrando “o seu escaso peso para conseguir algo para esta provincia”. É máis, convídanos a “defender os intereses dos lucenses presentando emendas ás partidas necesarias para que ningunha obra teña menos contía das que xa figuraban na previsión da anualidade para 2019 nos Presupostos elaborados polo PP e que aínda están vixentes”. É dicir, “os socialistas lucenses deberían dar a cara e esixirlle a Sánchez o mesmo trato para nós que para os cataláns”.

Por outra banda, os populares lamentan que “dende o PSOE lucense incluso queden calados cando o Goberno aproba medidas lesivas para o emprego coma a suba da cota da Seguridade Social a algúns colectivos de traballadores autónomos ou cando sube os impostos ao diésel e ao aforro prexudicando a moitas familias lucenses”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive