Viveiro, 21 de febreiro de 2019.- Os socialistas de Viveiro e O Valadouro esixen á Xunta de Galicia o arranxo integral da LU-161. O PSOE denuncia o mal estado do firme desta estrada autonómica que conta con moito tránsito de tráfico rodado pois trátase dunha das vías de comunicación entre os 2 Concellos mariñáns, que triplica a súa afluencia nos meses de verán. Actualmente o asfalto presenta fochancas, a sinalización está despintada e non conta con beiravías transitables para as zonas urbanas poñendo en perigo a seguridade dos viandantes.
Os socialistas subliñaron que a LU-161 é unha demanda que levan reclamando os veciños durante máis de 10 anos e que a Xunta de Galicia nunca fixo ningún tipo de actuación para mellorar a seguridade nesta estrada, competencia do goberno autonómico. Con estas melloras beneficiariamos
A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, pediu á Xunta de Galicia que “cumpra coas súas obrigas e acondicione esta vía tan importante para a Mariña. Levan unha década mirando cara outro lado, sen importarlles as infraestruturas e as necesidades dos veciños da nosa Comarca. Pola contra, dende que chegou o PSOE ao Goberno Central realizamos melloras na N-634, N-640, N-642 e puxemos a exposición pública o tramo Foz-Barreiros da A-74. Ese é o compromiso que si ten o PSOE cos mariñáns e non o PP”.
A LU-161 incluída nas emendas aos presupostos
O PSOE presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2019 na que recollía unha partida de 800.000 euros para a mellora da LU-161. O PP no goberno galego rexeitou dita proposta, vital para os veciños de Viveiro e O Valadouro.