18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“POR FAVOR, SR. LLANO, NON MÁIS MENTIRAS”, polo Grupo Municipal Popular de Burela

11-02-19

Resulta moi interesante a capacidade de Alfredo Llano para lanzar titulares de prensa e mentir sen poñerse colorado. Vén isto a conto das súas declaracións sobre o xa tan manido novo pavillón. Queremos reiterar unha serie de realidades que deixan en entredito a verborrea do alcalde refrendadas pola documentación que hai no Concello.
A día de hoxe, nos orzamentos para o presente ano 2019, só hai unha partida de 35.000 euros para “investimentos deportivos” no capítulo de investimentos reais. Tampouco hai partida para adquisición de terreos. A valoración total que fai a arquitecta técnica municipal do custo das fincas é de 280.361’43 euros.
A día de hoxe non se iniciou ningún expediente de mobilización do remanente do ano pasado que se poida aplicar a esta obra.
A día de hoxe non se iniciou o expediente para sacar a concurso a redacción do proxecto construtivo. Só hai unha partida, a 227.22706, de 33.5464’12 euros para “estudios y trabajos técnicos” nos orzamentos de 2019.
A día de hoxe, non se recibiu o informe de taxación encargado a VALMESA o 29 de outubro pasado, xa que o propio Llano contesta o 29 deste mes a unha petición de documentación ao respecto do Grupo Municipal Popular que “non consta entregado informe de valoración emitido por Valoraciones del Meditarráneo SA ante a ausencia de notas simples rexistrais á data da presente resolución” (decreto da Alcaldía n.º 2019-0066 de data 29/01/19) do que se deduce que este informe tardará en chegar.
A día de hoxe, non se coñece ningunha proposta de convenio elaborado polo Alcaldía para buscar co-financiamento con outras administracións.
A día de hoxe, o acordo adoptado por unanimidade polo Pleno da Corporación o pasado 6 de xuño en relación co pretendido novo pavillón, está absolutamente incumprido.
A día de hoxe, non hai nada feito. Nada. Só temos as mentiras do Sr. Llano (Sr. Llano, o seu é para que llo miren, e ben mirado…) e a súa capacidade de xerar grandes titulares que logo se quedan en nada, só equiparable á súa incompetencia de xestión para cumprir o que promete (ubicación do mercado, plan de tráfico, ordenanza das terrazas, RPT, traseira de Capitanía, parque empresarial do Perdouro, xestión directa do lixo e da auga, e un longo etc). Por favor, máis decencia, máis traballo e non máis mentiras.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive