21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Venda anticipada para a visita do Betis

12-02-19

O Pescados Rubén Burela FS xa ten aberta a venda anticipada de entradas para o gran duelo de Segunda LNFS, coa visita do Real Betis Futsal a Vista Alegre (sábado 16, 17.00 horas).
Ata o venres, día 15, ás 14.00 horas, os/as non socio/as poderán pasar pola sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) para adquirir a súa entrada.

Prezo Non Soci@s

Adult@: 10 euros
Menores de idade: Gratuíto

Soci@s: Gratuíto (acceso habitual, con carné de abonad@ 2018-19)

Partido 5 Estrelas Mahou
Con cada entrada de venda anticipada, Mahou obsequiará cunha invitación para unha cervexa antes do partido na cafetería Vista Alegre, Palacio de Cristal ou Parrillada de Jandro.
Os socios laranxas tamén poderán recoller a súa invitación Mahou na oficina do club ao longo da semana, ata o venres a mediodía.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive