Foz 18-3-19. As catedrais de Veszprém (Hungría) e de San Martiño de Mondoñedo (Foz, España) comparten o feito de ser as primeiras catedrais dos seus respectivos países e de localizarse nun Finisterrae, no caso húngaro, a extensa chaira da Panonia. A localidade de Veszprém conéctanos coas orixes de San Martiño de Braga, figura relacionada coa expansión do monacato en Galicia e fundador do Bispado de Dumio, cuxo testigo recolle o Bispado de Mondoñedo. O 20 de marzo, festividade de San Martiño, celébrase o Encontro San Martiño de Foz (España) – Veszprém (Hungría), que nos permitirá coñecer a historia, experiencia e proxectos desta cidade húngara.
Este mércores celébrase o Encontro Veszprem – San Martiño de Foz
Este mércores celébrase o Encontro Veszprem – San Martiño de Foz
Relacionado
-
Concello e Centro de Saúde de Burela organizan paseos saudables abertos a partir do xoves 2 de maio
-
A Xunta recibe 11 ofertas paraexecutar as obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros
-
O Concello de Alfoz amosa preocupación polo lixo acumulado nas cunetas