18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Candidatura de Son Viveiro En Común para as eleccións municipais

13-04-19

Viveiro 13-4-19. A plataforma cidadá Son Viveiro En Común quere seguir levando a voz das veciñas e veciños de Viveiro ao Concello, ao mesmo tempo que darlle continuidade ao traballo desenvolvido no último mandato. Deste xeito, concorrerá de novo ás Eleccións Locais que se celebrarán o 26 de maio, un acordo ao que se chegou na asemblea celebrada esta mañá.
Son Viveiro En Común aposta por un equipo renovado e cheo de xente xoven disposta a
aportar novas ideas e coa firme intención de traballar a prol dos e das viveireses e de intentar sacar ao noso Concello da parálise na que se atopa inmerso.
Na asemblea tamén se acordou cal será a lista coa que a nosa agrupación participará nas eleccións. Consideramos que é un grupo formado por moitas sensibilidades, de persoas procedentes de diferentes sectores, pero co mesmo denominador común de buscar un Viveiro máis dinámico, participativo e que volva ser o motor da Mariña.
Abrirá a candidatura unha persoa con demostrada experiencia en temas municipais e
capacidade de diálogo, xa que neste posto irá o actual concelleiro de Son Viveiro, Luís Manuel García Otero. A aposta decidida por escoitar e facer de altofalante das reclamacións da veciñanza do noso municipio derivou nunha profunda renovación da lista, que inclúe nos cinco primeiros postos a tres persoas que nunca participaran en anteriores citas electorais.
Para Son Viveiro En Común supón unha ledicia enorme que xente de diferentes idades se
anime a participar nuns tempos que non son nada fáciles.
Xunto a Luís Manuel García Otero, conforman os postos de saída Menalia Yáñez Basanta,
Lidia Feal Jiménez, Bruno Salgueiro Fanego e Manuel Lago Berdeal. A presenza de Menalia Yáñez, unha rapaza de 25 anos, ou de Manuel Lago, de 22, supoñen a entrada de aire fresco para unha candidatura aberta, plural, dinámica e con afán de continuar traballando.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive