25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Grande fin de semana da ED Lourenzá

09-04-19

Lourenzá 9-4-19. Carreirón de Ana Vallines para ser 4ª no Cto. Autonómico de Milla en Ruta (5,53) a un segundo do pódium. Unha caída impediulle a Marcos Rivas estar máis enriba e houbo tamén a representación de Pedro Moirón na popular benxamín.
Competiron Ana e Marcos no campionato autonómico xuvenil disputado este pasado domingo en Santiago, onde Ana tivo unha actuación máis que aceptable quedando en 4ª posición a 1 segundo do pódium sobre a distancia de 1600 metros.

A Gran Xana Rodríguez, subcampiona da Toxiza Trail 2019 de 14 kilómetros con 1 hora, 29 minutos e 26 segundos. Corría o domingo logrando un fantástico subcampionato na distancia dos 14 kilómetros.

Anxo Edrosa, subcampión promesa da carreira As Poleas de Tapia, despois de percorrer preto de 9 kilómetros en 38,20
E o sábado tivo tamén protagonismo Anxo Edrosa, o duatleta que ésta vez probaba sorte nas Poleas en Tapia alcanzando o subcampionato promesa.

Ilusionante debut dos infantís e cadetes no control de marcas en Lugo.
E xa por último o domingo os infantís e cadetes fixeron o control de marcas preparatorio previo ó provincial en Lugo, cuns excelentes resultados na maioría das probas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive