25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Manuel Rouco anuncia que o seu programa centrarase nos proxectos de futuro, pero tamén en abordar as cuestións do día a día

13-04-19

Burela. 13, abril, 2019. Manuel Rouco, o candidato popular á alcaldía de Burela, adianta os dous grandes eixos do seu programa electoral. “Por un lado, manifesta, abordaremos proxectos de futuro para garantir o desenvolvemento económico e social da nosa vila, logo destes catro anos de parálise socialista. Por outro, non perderemos de vista os problemas do día a día, que tamén lle afectan á cidadanía, e que estes anos estiveron postergados nas prioridades de Alfredo Llano e dos seus concelleiros”.

O candidato popular sinala que “dentro dos problemas do día a día, vimos como Llano, na súa liña, non asumía ningún compromiso co Centro de Atención Temperá, un servizo fundamental para os nenos e nenas de entre 0 e 6 anos que presentan trastornos transitorios ou permanentes no seu desenvolvemento e para as súas familias. A praza de logopeda pasou meses sen cubrir, e esta situación hai que corrixila”. Por iso, Manuel Rouco manifesta que “a candidatura que eu presentarei asumirá o compromiso de garantir o funcionamento do Centro de Atención Temperá ao cento por cento durante todo o ano, dotando nos orzamentos municipais a suficiente partida económica para garantir a cobertura permanente da praza de logopeda, e colaborando coa Xunta, pero tamén demandando, para que o centro reciba as aportacións económicas suficientes en tempo e forma”.

Tamén fai fincapé nunha situación que lle afecta á poboación que cursa estudos universitarios: “estamos na Semana Santa, e seguramente que a poboación estudiantil universitaria de Burela se atopará co problema de sempre, que a biblioteca non estará aberta todo o tempo preciso para estudar, situación que se deu no Nadal e no verán anteriores. Entendo que a isto hai que poñerlle solución, sen prexudicar ao persoal municipal funcionario ou laboral fixo desa dependencia. Arbitraremos medidas para que, a través dos plans de emprego da Xunta, da Deputación, ou ben o Concello cos seus propios fondos, se contrate persoal necesario e suficiente para que a biblioteca esteña aberta nos períodos vacacionais e así facilitar o estudo dos universitarios”.

Rouco considera que “o vindeiro goberno municipal, que será do PP, non terá obras para rematar nin proxectos para revisar, porque non hai nada comenzado. E por riba tocaranos solucionar estes problemas da vida cotiá que Llano e o seu equipo esqueceron e deixaron e lado”, conclúe

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive