18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Burela Fútbol Sala regresa a Primeira División

13-04-19

Burela 13-4-18. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co alcalde de Burela, Alfredo Llano García, asistiron aos partidos disputados polo Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, nun pavillón de Vista Alegre, cheo e moi animado. O equipo masculino conseguiu un empate contra o Noia Portus Apostoli nun partido que supuxo o seu regreso a Primeira División do fútbol sala nacional. Rivera Capón destacou que “é toda unha honra para Burela e para a provincia de Lugo contar cun equipo como o Burela Fútbol Sala, os seus éxitos deportivos demostran a nosa potencialidade ao tempo que supón exemplo de a integración social”. Pola súa banda as súas compañeiras xogaron un partido decisivo para acadar o título de Liga na Primeira División Liga Foro 16 Feminismo, no que se enfrontou as segundas clasificadas, o Atlético Navalcarnero.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive