18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O CB Ensino e o Goberno da Deputación promoven, un ano máis, o maior evento do baloncesto provincial

15-04-19

Lugo, 15 de abril de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Presidente do Club Durán Maquinaria Ensino, Manuel Durán Ónega, e a directora técnica, Ana Ónega, presentaron este xoves unha nova edición da Copa Deputación de Baloncesto, que se celebrará o 19 de maio no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. A competición contará coas categorías de: baby basket mixto, benxamín mixto, feminino e masculino; alevín feminino e masculino e infantil feminino e masculino. As inscricións para os equipos da provincia, continúan abertas mediante o convite enviado desde o Club Ensino aos clubs da provincia ou a través do correo electrónico. Ademais é totalmente gratuíta e inclúe os gastos de transporte e manutención.

Rivera Capón destacou que “dende o Goberno da Deputación tratamos de crear o evento máis grande do baloncesto provincial, xuntando a preto de 400 rapaces nunha xornada que pretende ser deportiva e lúdica, para que os máis novos sintan o deporte máis alá da competición. Este evento convértese tamén nunha boa forma de transmitir valores e de desfrutar do tempo de lecer”.

Recoñecemento a Jesús Lence
Cada ano a Copa Deputación lembra a alguén relevante no desenvolvemento do baloncesto na provincia. Dende o Club Durán Maquinaria Ensino, recoñecerán ao recentemente finado Jesús Lence, un dos maiores patrocinadores do deporte na provincia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive