25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Club de Atletismo “Ría de Foz” vén de asinar un convenio de colaboración co Centro Comercial Aberto de Foz

12-04-19

Foz 12-4-19. O Club de Atletismo “Ría de Foz” vén de asinar un convenio de colaboración co Centro Comercial Aberto de Foz. Esta última entidade convértese, así, no patrocinador principal do Club de Atletismo focense que pasará a denominarse “CCA RÍA DE FOZ” en todas as competicións nas que participe.
Desde a Directiva do Club de Atletismo valoran moi positivamente o apoio prestado polo CCA-Foz, posto que, sen dúbida, contribuirá, de maneira decisiva, ao crecemento e mellora do Club a moitos niveis. Ademais, este acordo chega nun momento “doce” para o Ría de Foz, xa que cada vez son máis os pícaros e adultos que se achegan ao Club focense nunha tempada deportiva que está a ser moi exitosa (mérito engadido levando só dous anos en competición). Ademais, desde o recén bautizado CCA RÍA DE FOZ, queren agradecer tamén a confianza depositada polos seguintes locais no traballo do Club: Cervexa Artesá “Augas Santas”, Nº1 Zapatillas-Foz, Pub Legends, Panadería-Pastelería Hucar e a Run Foz Run.
Así, desde o Club de Atletismo Ría de Foz queren agradecer o trato e a confianza do CCA-Foz e súmanse a todas as voces que convidan aos cidadáns a apoiar e investir no comercio local.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive