25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo será a sede do Campionato Galego Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1

11-04-19

Cervo, 11 de abril de 2019.- O Concello de Cervo será a sede do Campionato Galego Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.
A cita deportiva, que se disputará no Encoro de Río Cobo e que prevé reunir a máis de 300 palistas de máis de 30 clubs galegos, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, pola directiva do Club Deportivo San Cibrao, Cristina Barreira, polo responsable da sección de piragüismo, Iván González, e por varios adestradores e rapaces que integran este departamento.
Tal e como precisou Villares “levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, porque desde o minuto un vimos que era unha boa oportunidade para a nosa zona, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente, de familias, que move; ademais –precisou- é unha boa ocasión para dar a coñecer todos os atractivos que pode brindar o noso Concello ás persoas que nos visiten”.
A regata terá lugar desde as 11:00 horas, e tanto desde o Concello como desde o Club San Cibrao, convidan a presenciar este evento deportivo nun escenario de excepción, como é o Encoro de Río Cobo, unhas instalación únicas na provincia que recordemos que foron empregadas para adestrar polo medallista olímpico David Cal.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive