25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Procesións de Ramos e Ecce Homo na Semana Santa de Mondoñedo

14-04-19

Mondoñedo 14-4-19. O mércores Santo, é o Vía Crucis de Penitencia con saída da procesión ás 19.00 horas do Santuario de Nosa Señora dos Remedios, Capela de San Blas aos Picos.

O xoves Santo, ás 17:00 horas, na Catedral será a celebración da Cena do Señor, presidida polo señor Bispo; ás 21:00 horas, é a Procesión do Prendimiento, dende os Muíños. Ás 23:00 horas, na Catedral, é o acto de Adoración Eucarística.

O venres Santo, ás 10:30 horas, é a procesión do Santo Encontro, que se celebra na zona da Fonte Vella. Ás 12:00 horas, Via Crucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Paixón do Señor e, ás 18.00 horas, procesión do Santo Enterro, que sae da Catedral; mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral e durante a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.

O sábado Santo, ás 23:00 horas, na Catedral a celebración litúrgica comprende bendición do fogo novo e procesión co Cirio Pascual , ademais do canto do Pregón Pascual, Bendición da Auga, e celebración da Eucaristía.

O domingo de Pascua, misa de Resurrección na Catedral ás 12 horas, que preside o Bispo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive