18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Venda anticipada para a Tarde Laranxa

09-04-19

Burela 9-4-19. O Pescados Rubén Burela FS xa ten aberta a venda anticipada de entradas para unha Tarde Laranxa que pode ser histórica, coa pelexa polo gran soño da elite, fronte ao Noia Portus Apostoli (17.00 horas), e o Clásico de Primeira RFEF ante o Futsi Atlético Féminas (19.30 horas), con emisión en directo por TVG2.

Ata o venres, día 12, ás 14.00 horas, os/as non socios/as poderán pasar pola sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) para adquirir a súa entrada.

Prezo Non Soci@s: Adult@: 10 euros. Menores de idade: Gratuíto

Soci@s: Gratuíto (acceso habitual, con carné de abonad@ 2018-19)

Asolaguemos Vista Alegre de Laranxa!!! Facendo Historia!!!

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive