18 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Xosé Luis Gutiérrez encabeza a lista do BNG en A Pontenova

15-04-19

A Mariña, 15 de abril 2019. O BNG vén de facir pública a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais no concello de A Pontenova. Está encabezada por Xosé Luis Gutiérrez Rivas, que xa foi concelleiro da corporación municipal no período 2003-2007.
Esta candidatura está formada por persoas comprometidas con A Pontenova, que tenen como obxectivo mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de A Ponte, mellorar os servizos, e dotar á vila e ás parroquias de servizos dos que carecen.
“Para eso é preciso gobernar pensando nas necesidades das persoas, que teñen que poder propoñer e opinar para mellorar a prestación deses servizos” afirma o candidato do BNG.

A candidatura complétana as seguintes persoas:

01. Xosé Luís Gutiérrez Rivas
02. Xorxe Gómez Rico
03. Carmen Otero Ruíz
04. Uxío Souto Castro
05. Pablo Méndez Díaz
06. José Antonio García Freire
07. Xián Rodríguez Puente
08. José Antonio González Rego
09. María Dorinda Legaspi Veiga
10. Antonio Díaz Lombardía
11. María Ánxeles Rodríguez Llamazares

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive