23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

FPDF amosa a súa sorpresa porque a delegación de educación dependente do PP non deixe celebrar un debate electoral no Instituto, e pedimos públicamente que se celebre no concello entre os cinco candidatos

16-05-19

Foz 16-5-19. Luis alfonso Sixto Legaspi, candidato á Alcaldía de Foz, mostra a súa sorpresa e indignación ante a suspensión do debate que se iba a celebrar este xoves no salón de actos do IES de Foz, e pide que se celebre un debate público no noso Concello, como fai catro anos, entre os cinco candidatos que concorremos ás vindeiras eleccións municipais do noso Concello.
Sorpresa maiúscula a que recibín este xoves pola mañá, cando recibín unha chamada telefónica do Director do IES de Foz, comunicándome que non podía levar a cabo o debate que se ía celebrar hoxe xoves ás 12:00 da mañá no seu centro. Os motivos que recibira unha chamada telefónica da Delegación de educación indicándolle que prohibía que se celebrara dito acto.
Dende a miña formación queremos expresar o noso total desacordo con tal decisión da Delegación de educación e entendémolo como un acto de secuestro da liberdade electoral, vemos que o PP está destrais destra manobra, e ten medo a enfrentarse a render contas ós nosos rapaces e ós nosos veciños, así como ten medo tamén a expoñer o seu programa cara os vindeiros catro anos.
Damos as grazas publicamente o equipo directivo do IES de Foz por haber organizado e traballado estes días na celebración deste debate, e por habernos invitado, e animámolos a que sigan traballando para que se poidan seguir celebrando estes debates que entendemos que son necesarios e bos.

Así mesmo pedimos publicamente que se poida celebrar un debate público no noso Concello cos cinco candidatos que concorremos ás vindeiras eleccións municipais do 26 de Maio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive