O candidato segue así achegando o seu programa a todos os colectivos, ademais de facelo ‘porta a porta’ e ‘rúa a rúa’, un traballo no que está acompañado pola súa candidatura. Entre as medidas que recolle o programa electoral para o Viveiro urbano, Rodríguez referiuse á elaboración dun Plan de Recuperación do casco histórico, como espazo habitable e de oportunidades. Tamén á ordenación da fachada marítima de Viveiro en tres tramos, así como á necesidade de facer de Viveiro un espazo máis accesible, sen barreiras arquitectónicas. O programa inclúe ademais a recuperación do Parque Pernas Peón mediante un concurso internacional de deseño, entre outras moitas medidas.