16 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

32 persoas participaron na xornada sobre xeso laminado que se celebrou no Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga

14-06-19

 Ribadeo, 14 de xuño de 2019. 32 persoas participaron na xornada sobre xeso laminado que se celebrou este xoves, no Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo, onde haberá formación práctica sobre este mesmo tema en outubro deste ano. Así o anunciou hoxe o xefe do departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés.
Os representantes da empresa Placo que impartiron o curso de onte, Sergio Pérez e José Manuel Piñeiro, falaron do deseño e da aplicación dos diferentes produtos conforme á esixencia do Código Técnico da Edificación, para compoñer ou configurar solucións para zonas de alta humidade, espazos con necesidade de acondicionamento, protección acústica ou que requiran dunha alta capacidade de carga. E destacaron o innovador sistema que hai para aplicar en fachadas exteriores, que permite illar a humidade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive