22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta anuncia cortes parciais por mor da execución de obras de mellora do firme na estrada da Gañidoira

10-06-19

 Lugo, 10 de xuño de 2019.- A Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, ten previsto realizar nos próximos catro días (desde mañá día 11 e ata o venres 14 de xuño) cortes parciais por mor da execución da obras de mellora do firme na estrada LU-540 Viveiro-Cabreiros.

Os cortes parciais, executaranse entre os puntos quilométricos 10+000 a 19+000, coa fin de manter a seguridade dos usuarios e do persoal que executa os traballos de mellora nesta vía coñecida como estrada da Gañidoira. A previsión é comezar na localidade de Merille (Ourol).

O tráfico circulará de xeito alternativo polo carril que non se vexa afectado polas obras, desvío que estará debidamente sinalizado, incluído con semáforos.

En todo caso, a execución dos traballos estará condicionada polas condicións climatolóxicas, xa que logo, as operacións de reforzo de firme deben facerse en tempo seco para garantir a súa calidade e durabilidade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive