16 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O artista plástico Caxigueiro volve a estar presente na Cidade da Cultura

19-06-19

A primeira vez foi no 2012. Nesa ocasión, acompañado de Baldo Ramos, presentaron unha ambiciosa mostra, “Os ollos das palabras”, na que se investigaban as interferencias entre a plástica e a poesía. No 2018, forma parte da exposición colectiva “Galicia Universal”. Unha revisión da arte galega dos séculos XX e XXI, a partires dos fondos das coleccións de Abanca e Afundación. Agora volve a estar presente na mostra “Pensar coas mans” . A exposición, que permanecerá aberta ata o 8 de setembro, fai un estudo da cestería, a cerámica e a xoiería a o longo da historia de Galiza. Este proxecto ven acompañado dun interesante catálogo que describe a evolución destas disciplinas. A maioría das obras proceden de diferentes Museos e Fundacións.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive