20 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello burelés colabora na organización da carreira 15K Banco Mediolanum que se celebrará o 16 de xuño e discorrerá entre as localidades de Burela e Foz

16-06-19

 Burela, 7 de xuño de 2019. O Concello burelés colabora na organización da carreira 15K Banco Mediolanum que se celebrará o 16 de xuño e discorrerá entre as localidades de Burela e Foz.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “un ano máis imos contar coa carreira 15K entre Foz e Burela. Este ano acabará na praza do Concello en Burela. É unha iniciativa que Banco Mediolanum nos propuxo no seu día esta terceira edición, e estamos colaborando desde o primeiro ano nesta carreira”.
O edil socialista salientou que “é unha aposta máis polas actividades deportivas que vimos facendo durante todos estes anos. Pensamos que é unha maneira tamén de promocionar un pouquiño o concello de Burela. É unha colaboración entre dous concellos que son veciños e somos amigos”.
Fernández Rey considera que “é unha maneira de promocionar A Mariña en xeral e particularmente neste caso a Burela e a Foz. Queremos invitar a todo o mundo a que se apunte, que disfruten das paisaxes espectaculares, xa que a carreira discorre á beira do mar, que disfruten do deporte e de Foz e Burela”.
A saída será o 16 de xuño ás 11:00 horas desde a praia de Llás e a chegada estará situada na praza do Concello en Burela. As inscricións poden realizarse en www.championchipnorte.com
A organización pechará as inscricións unha vez cubertos os 500 atletas. No acto de presentación, que tivo lugar esta tarde no Cenima en Foz, participaron membros da organización e tamén acudiron representantes dos Concellos de Burela e de Foz.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive