16 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Pope cumprirá a súa terceira tempada na Mariña incorporándose á estrutura laranxa

16-06-19

 Burela 6-6-19. Sergi Orgillés Saiz, Pope, cumprirá a súa terceira tempada de laranxa en 2019-20. O peche formalizou o acordo co Pescados Rubén Burela FS xunto ao presidente, Manuel Blanco, que destacou o crecemento do 14 mariñán, ademais da súa gran contribución no regreso a Primeira LNFS, e agradeceu “as facilidades amosadas polo Palma Futsal para a contratación do xogador, xa como cento por cento burelista, tras estar cedido estes dous últimos anos”.
“Estou moi contento e orgulloso de que confíen en min outro ano máis. Teño
moitas ganas de empezar; esta é a miña casa. Preséntasenos unha nova etapa
moi bonita por diante, aínda que tamén difícil”, explicaba o catalán de 23 anos, desbordando ilusión pero tamén cautela polo novo reto.
A continuidade de Pope súmase a outras referencias do equipo con contrato en vigor como Matamoros, Iago Míguez, Lucho ou as Xoias Laranxas Renato e
Pitero, ademais das chegadas de Álex Diz, desde Osasuna Magna, ou Everton,
desde Santiago Futsal. O club aposta por uns alicerces sólidos, a base do
equipo que conseguiu o grande obxectivo e na esencia e filosofía que
converteu en realidade o soño da elite: “Ademais da confianza que me ofrecen o club e a directiva, tamén confío e creo moito no xeito que ten Juanma Marrube de ver e entender o fútbol sala. A nosa filosofía poderanos dar un salto de calidade na liga” aseguraba o peche, entusiasmado: “Aínda que xoguei algún partido en Primeira, 2019-20 será a miña estrea de verdade na categoría, con participación e peso. Espero adaptarme ben, sobre todo que as lesións me respecten e ter minutos para seguir medrando” concluía Pope.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive