Xornada de San Xoán organizada pola Asociación de veciños Burgo de trasbar o pasado sábado, día 22 de xuño. Os actos comezaron coa actuación do grupo teatral “A Rabela Teatro”, de Baralla, dentro do programa Buxiganga da Deputación e xogos populares. De seguido, pancetada/chourizada e para rematar o día prendeuse lume á fogueira con posterior queimada. Con esta actividade, a Asociación dá por rematada a tempada e ainda que durante o verán están programadas xa varias citas (25 de xullo: Camiñata a Sargadelos; 16- 21 e 22 de setembro: Festas patronais na honra a Santa Eufemia) non será ata finais de setembro que se retome a actividade habitual da Asociación.
San Xoán en Trasbar
San Xoán en Trasbar
Relacionado
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”
-
Cheo absoluto no primeiro Faladoiro de Charlando do programa Arruguiñas no local da asoc. de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao