20 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A subdelegada do Goberno aplaude a iniciativa de Fomento de ceder dous treitos da antiga N-634 a Mondoñedo

08-07-19

 Lugo, 8 de xullo de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, aplaude a decisión do Ministerio de Fomento de cederlle ao Concello de Mondoñedo a titularidade de dous treitos da antiga estrada N-634.

A subdelegada explicou que “hoxe transferimos a Mondoñedo dous treitos da antiga estrada N-634, que ata agora formaba parte da Rede de Estradas do Estado, atendendo así unha vella aspiración do Concello mindoniense”.

“Para min é unha satisfacción dar cumprimento a esta demanda, que demostra, unha vez máis, o compromiso deste Goberno coa provincia de Lugo”, manifestou Isabel Rodríguez. Fixo estas declaracións logo da sinatura da cesión ao concello de Mondoñedo de dous treitos da N-634a cunha lonxitude total de 1.547 metros.

A subdelegada do Goberno fixo xestións para levar a cabo a devandita cesión atendendo unha petición que lle formulara a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia. O traspaso da titularidade da vía faise efectiva coa sinatura da documentación correspondente, nunha xuntanza celebrada hoxe na subdelegación do Goberno na que tamén participaron os responsables de Estradas do Estado en Galicia e na provincia de Lugo.

Fomento transfire así ao Concello de Mondoñedo a titularidade dos seguintes treitos:

– San Vicente, desde o p.k. 596+742 da actual N-634 ata o p.k. 597+025, con unha lonxitude real de 367 metros da N-634a e unha superficie estimada de 6.712 m2

– Sasdónigas, desde o p.k. 598+400 da actual N-634 ata o p.k. 599+588, con unha lonxitude real de 1.180 metros da N-634a e unha superficie estimada de 16.282 m2

MELLORAS EN MONDOÑEDO

Na xuntanza, tamén se informou á alcaldesa de Mondoñedo dos avances en varios proxectos de Fomento nese Concello. Así, nos últimos meses redactáronse os proxectos para melloras do firme, marcas viarias e balizamento na N-634 e para o proxecto de escorrentías da A-8 en Vedrós e O Carme. Ademais, tanto a DXT como Fomento traballan nos proxectos que teñen por obxecto minimizar o impacto no tráfico da néboa na A-8 ao seu paso polo Fiouco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive