09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Foz acolleu este martes un programa especial de RadioVoz en directo para todas as emisoras desta cadea na provincia de Lugo

16-07-19

 Foz, 16 de xullo de 2019. RadioVoz realizou hoxe, martes, un programa especial en directo desde Foz con motivo da celebración das festas do Carme. Escoitouse a través de todas as emisoras desta cadea na provincia lucense: Lugo, Ribadeo, Viveiro, Vilalba, Sarria, Monforte e Chantada.
O espazo radiofónico emitiuse de 10 a 12 da mañá desde a praza Conde de Fontao, concretamente desde a terraza do restaurante O Lar, e foi presentado e dirixido por Félix Jorquera.
Participaron neste programa de RadioVoz para a toda a provincia de Lugo o alcalde de Foz, Fran Cajoto; e o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; o responsable da organización da procesión do Carme, Suso Castiñeira; o hostaleiro Antonio Castro; Marta Pacola, que falou da elaboración das alfombras florais; e o artista plástico Juan Manuel Ponte, Juanel, que expón parte da súa obra no CENIMA desde mañá, mércores.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive