13 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Daniel Vega destaca a achega de máis de 1.100 euros por parte da Xunta ao Club Petanca Ribadeo

10-08-19

 Ribadeo, 10 de agosto de 2019. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, cre que “a colaboración por parte das institucións coas entidades asociativas trae grandes beneficios para Ribadeo”. E unha mostra desa colaboración, di, “son as aportacións da Xunta de Galicia ao Club Petanca Ribadeo dirixidas á adquisición de camisetas e polos para os seus integrantes que ascenden a máis de 1.100 euros”.

Tras participar na recepción do material acompañado do coordinador de deportes do PP local, Tito Suárez; Vega puxo en valor, unha vez máis, a “intensa xestión” realizada dende o Grupo Municipal Popular como “resposta a unha petición dos propios membros deste club que, coma moitas outras entidades asociativas, axuda a facer grande Ribadeo”.

Daniel Vega manifesta o “orgullo” que lle produce traballar “a favor de Ribadeo” e, polo tanto, sinala que “dende o Grupo Municipal Popular continuaremos a traballar para que tódalas entidades asociativas logren axudas económicas das distintas institucións públicas” porque “entendemos que precisan orzamento para desenvolver as súas actividades”.

O voceiro do PP explica tamén que “os membros deste club nos avanzaron outras peticións que pensan trasladar ao Goberno local” e, nese sentido, convida aos responsables da xestión municipal a “aproveitar a ocasión e traballar todos a favor de Ribadeo”. O popular engade que “seguir na liña da colaboración permanente, tanto coas asociacións como entre as distintas institucións, é importante e necesario” e sinala que “dende o Grupo Municipal do PP seguimos traballando con todos os colectivos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive