15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Gonzalo Caballero encabeza este luns a delegación socialista co comité de Alcoa

06-09-19

 Lugo, 7 de setembro de 2019. A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, avanzou este sábado que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero encabezará a delegación socialista na xuntanza de traballo co Comité de Alcoa. A reunión será este luns dia 9 de setembro ás 11:30 horas, na Fábrica de San Cibrao en Cervo.
A secretaria provincial explicou que neste encontro participarán ademais os Alcaldes e Alcaldesas de Viveiro, Trabada, Alfoz, Burela, Foz, Ourol, A Pontenova, e o voceiro socialista no Concello de Cervo. Nesta cita tamén estarán presentes a Deputada, Ana Prieto, o senador Cesar Mogo.
Otero remarcou que “dende o PSdeG-PSOE vamos a seguir traballando e negociando dende todos os estamentos para que os traballadores de Alcoa e as súas familias teñan un futuro digno”.
Segunda xuntanza de traballo
Gonzalo Caballero xa mantivo unha xuntanza de traballo co Comité de Alcoa o pasado 2 abril na Fábrica de San Cibrao, na que tamén estivo acompañado de cargos orgánicos do Partido Socialista. Polo tanto a cita do día 9 de setembro será a segunda xornada de traballo que mantén cos traballadores da fábrica.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive