15 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os plenos do Concello de Viveiro gravaranse en vídeo

12-09-19

Viveiro, 12 de setembro, 2019. A moción do BNG para avanzar na democratización e transparencia do concello, propoñía a gravación dos plenos en video e a súa subida á web do Concello onde algúns dos grupos da corporación non parecían estar dacordo coa totalidade dos puntos desta moción, polo que acordamos a votación de cada punto por separado. Tras a votación resultaron aprobados os 3 primeiros puntos da nosa moción pero non o 4, o cal falaba de facilitar a participación das veciñas e veciños do concello de Viveiro a través da creación do escano da veciñanza.

Estes foron os resultados da votacións no pleno:

1.A favor: BNG, PSOE, PP, Por Viveiro, Son Viveiro.

2.A favor: BNG, PSOE.
Abstención: PP, Por Viveiro, Son Viveiro.

3.A favor: BNG, PSOE, PP, Por Viveiro, Son Viveiro.

4.A favor: BNG.
Abstención: PSOE, Por Viveiro, Son Viveiro
En contra: PP.

Estes son os puntos da moción votados individualmente:

1.Instar á sra. alcaldesa para que mediante a figura que estime oportuno resolva o necesario para que se proceda a gravar en audiovisual e ao completo as sesións plenarias.

2.Que se autorice a calquera persoa presente á gravación, igualmente en audiovisual, das sesións plenarias.

3.Habilitación na web oficial do Concello de Viveiro dun espazo facilmente visible onde aloxar as distintas gravacións coa finalidade de que calquera veciña ou veciño poda realizar as visualizacións que desexe de calquera dos plenos celebrados.

4.Facilitar a participación das veciñas e veciños do concello de Viveiro a través da creación do escano da veciñanza.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive