28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Isabel Rodríguez informa da apertura do prazo para a solicitude de instalacións de temporada nas praias da provincia para o 2020

30-10-19

 Lugo, 30 de outubro de 2019. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa de que a partir de mañá se poderán presentar as solicitudes das instalacións de temporada en praias da provincia para o ano 2020. O ministerio para a Transición Ecolóxica publica hoxe o anuncio do servizo provincial de Costas no Boletín Oficial do Estado.

O prazo do que dispoñen os interesados na explotación deste tipo de servizos, que inclúen establecementos expendedores de comidas e bebidas, patíns, hamacas, sombrillas, etc, para a presentación das solicitudes rematará o día 20 de decembro.

As solicitudes deben conter a seguinte documentación:

– Proposta da zona que se aspira a ocupar, con indicación dos metros cadrados, plano de situación e pranta nos que se represente a liña de deslinde do dominio público marítimo terrestre

-Orzamento das instalacións e estudo da previsión dos beneficios netos no período solicitado

-Proxecto básico das instalacións

-Fotografía da instalación, nos casos nos que sexa posible

Tocante ás solicitudes para actividades deportivas de carácter náutico, así como actividades que leven aparellado o lanzamento ou varada de embarcacións, os solicitantes deberán acreditar a súa inscrición na Federación correspondente. No caso de instalacións destinadas a éstas, só se poderán autorizar en treitos urbáns de praia e deberán ir acompañadas do informe da Federación de que se trate.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive