21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Foz adxudicou a modificación da sinalización das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña

10-10-19

 Foz, 10 de outubro de 2019. O Concello de Foz adxudicou o contrato de modificación e axuste da sinalización das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia SA.
As obras consistirán na disposición de pasos de peóns, reforzo da sinalización horizontal e vertical e colocación de bolardos como elementos de defensa para reducir o risco de atropelos nunha calzada na que non hai separación física entre peóns e vehículos.
Desde o Concello pídese precaución na circulación porque as rúas teñen prioridade peonil e os vehículos deben deterse ante o cruce dun peón ata que se dispoñan as novas medidas. As obras desenvolveranse á maior brevidade posible, unha vez finalizados todos os trámites administrativos.
Estas obras complementarán o cambio de sentido da rúa Álvaro Cunqueiro, grazas ao que se evitaron os grandes atascos de saída do pobo que se produciran no verán do 2018, e permitirán unha maior seguridade a todos os usuarios do centro de Foz.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive