11 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP prioriza defender masivamente aos traballadores de Alcoa e o mantemento da actividade industrial

05-10-19

 A Mariña, 5 de outubro, 2019. O Partido Popular prioriza defender masivamente aos traballadores de Alcoa e o mantemento da actividade industrial da multinacional, mentres Pedro Sánchez prefire vir a Vigo a un acto de precampaña. Os populares, encabezados polos alcaldes de Xove e Cervo, Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares, respectivamente; a presidenta provincial, Elena Candia; o vicesecretario de Participación, Jaime De Olano, ademais doutros cargos orgánicos da formación con representación a nivel nacional, local, autonómica e provincial, manifestaron o apoio unánime á multinacional, reclamando, unha vez máis, a aprobación do ansiado estatuto electrointensivo que poría fin á crise que atravesa a factoría, e que xa provocou o peche das centrais de A Coruña e Avilés.

Deste xeito, lamentaron que, tendo en conta que a situación de Alcoa e de Endesa son dous dos principais problemas que afectan a Galicia e á provincia de Lugo, en particular, o presidente do Goberno elixa a cidade olívica para facer precampaña. Así o destacou Elena Candia, quen afirmou: “reprobamos a actitude dun presidente do Goberno que, tendo sen aclarar o futuro de Alcoa e As Pontes, veña no seu transporte habitual a Vigo e non veña a dicirlles nin darlles unha solución ás familias da Mariña. Isto é unha decisión política que depende só do Goberno”; de aí que a presidenta pedise ao presidente en funcións “que se deixe de facer precampaña cos medios públicos e de todos os españois e priorice o que realmente lle preocupa a Galicia e á provincia”.

Jaime De Olano tamén foi rotundo na súa valoración. “El problema de Alcoa tiene nombre y apellidos y se llama Pedro Sánchez que, estando en funciones, considera que no tiene funciones para solucionar los problemas de los gallegos y que su única función es estar en perpetua campaña electoral”. Neste senso, afirmou que “se dedica a ver los problemas desde el avión mientras la situación económica empeora”. Por este motivo, o popular apelou ao 10N como “una oportunidad para Lugo, A Mariña y Galicia. Y es que Pedro Sánchez estuvo recientemente en Nueva York y desde luego no citó los problemas de industria gallega ni ha hecho ninguna gestión”; todo o contrario, dixo, do que fixo o Goberno de Rajoy en 2012.

Dado que o dirixente socialista está hoxe de visita en Galicia, “y seguro hablará más de Pablo Iglesias y de Franco que de los problemas que tenemos”, De Olano pediulle “que anuncie que va a entregar los 700 millones de euros de financiación autonómica y que va a dejar de ser un presidente moroso”.

Sempre cos traballadores
Os alcaldes de Xove e Cervo, municipios nos que está situada a planta de San Cibrao, explicaron que sempre se posicionaron do lado dos traballadores e así o seguirán facendo. Tal é así que, explicou Villares, “o argumento non varía unha coma do que mantiñamos en 2012”. “Goberne quen goberne temos que remar todos na mesma dirección e exteriorizar e visibilizar un problema que é moi grave para toda unha comarca. Co peche das cubas de electrólise e dos acontecementos de A Coruña e Avilés non podemos poñer unha venda nos ollos. Se non o facemos, a situación pode ser irreversible e a enfermidade pode ser que non teña cura”, sentenciou o rexedor de Cervo.

E é que, apuntou Demetrio Salgueiro, “temos un Goberno que non lanza unha mensaxe de tranquilidade, o que fai que o problema poida ser máis grave se non se toma unha solución. A provincia de Lugo non se entendería sen Alcoa e o que se constata é que Sánchez está máis preocupado doutros asuntos menos do emprego e das familias que viven desta fábrica”, remarcou.

Apoio institucional liderado polo PP
O encontro que mantiveron hoxe os populares dá continuidade a toda unha serie de iniciativas que veñen mantendo dende hai meses, co fin de parar a que é a peor crise que tivo a comarca. Recentemente, participaron na reunión convocada polo comité de empresa e asumiron plenamente a defensa dos intereses dos traballadores: que o Goberno fixe un prezo asumible da enerxía para as empresas que son grandes consumidoras como Alcoa e que pague as axudas correspondentes para a compensación dos custes indirectos por CO2. Tamén lideraron unha fronte común, presentando mocións nos Concellos, no Parlamento de Galicia, no Congreso dos Deputados e no Senado, así como na Deputación. Foi, precisamente, nesta última cámara onde os socialistas votaron en contra da iniciativa defendida e presentada polo Grupo Provincial do PP, mentres que os deputados do Partido Popular si que apoiaron a proposta do PSOE.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive