21 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Vista Alegre súmase ao rosa para dar a cara contra o cancro

08-10-19

 Burela, 8 de outubro, 2019. Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela sumaranse esta semana ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, coincidindo coa xornada 5 de Primeira LNFS, o venres 11 (21.00 horas), e RFEF, o sábado 12, (18.30 horas), en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.

Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a AECC darán a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, que xunto á atención psicolóxica, con Andrea Casais, desde o verán tamén conta a traballadora social Estefanía Corcoba.

Desde a súa sede en Burela, na praza da Mariña, número 13 (antiga Capitanía Marítima), ambas as profesionais ofrecen información e orientación a pacientes e familiares, de luns a venres de 8.30-15.00 e 16.00-19.00. Ademais, a través da iniciativa “O Carriño”, tamén prestan servizo psicosocial aos pacientes do Hospital Público da Mariña na sala de quimioterapia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive