27 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A pescada do pincho de Burela, protagonista nos mercados tradicionais de Madrid

22-11-19

 Burela, 22 de novembro, 2019. Este venres tivo lugar no mercado madrileño de “Las Maravillas” a primeira das xornadas de degustación de Pescada do Pincho de Burela que, promovidas pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, repetiranse proximamente noutros recintos da capital, como o “Mercado de la Paz” ou “Mercado de Chamartín”.
Esta accións, que contan coa colaboración de Armadores de Burela, consisten en promocionar a pescada do pincho a través de diferentes ‘showcooking’ nos que se poden degustar varias receitas de pescada. Nesta primeira degustación, o chef MastroMatteo ofreceu dúas receitas moi diferentes: unha coa tradicional salsa verde e outra máis exótica, coa salsa xaponesa tentsuyu; que se ofreceron gratuitamente entre o numeroso público que visitaba o mercado.
O xerente da OPP Lugo, Sergio López, destacou “o liderazgo do porto de Burela como a lonxa de Galicia con maior comercialización de pescada do pincho, cunhas 8000 toneladas ao ano”. Destacou a máxima selectividade nesta pesquería, xa que “o 100% das capturas da nosa flota en augas europeas realízanse con anzol, dunha en unha; límpanse, almacénanse individualmente e trátanse con mimo durante o seu paso por lonxa”; destacando tamén a posterior labor da Asociación de Maioristas e Exportadores para facelas chegar aos mercados.
O acto contou tamén coa participación de María Luisa Álvarez, Xerente de FEDEPESCA (Federación Nacional de Asociacións Provinciais de Empresarios Detallistas de Peixes), que puxo en valor o papel dos mercados e peixerías tradicionais como punto de venta para “comprar produto fresco e comer ben, como por exemplo a pescada de Burela, xa que o peixe debe ser protagonista dunha dieta saudable”.
Na presentación da xornada interviu ademais Rocío Béjar, Secretaria Xeral Adxunta de CEPESCA (Confederación Española de Pesca), que recordou que “a flota pesqueira española é líder na Unión Europea en canto a producción, sendo responsable do 25% das racións de peixe que se serven ao ano en Europa, sen comprometer a saúde dos océanos e asegurando o futuro das empresas pesqueiras”.
O acto contou tamén coa asistencia de representantes de Armadores de Burela (ABSA) e a Asociación de Exportadores Maioristas de Peixe da Mariña (ADEXMAR), que acompañaron á Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP Lugo).
Esta acción englóbase dentro das accións de promoción da OPP Lugo incluídas no seu plan de produción e comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive