25 de Xaneiro de 2021

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alfredo Llano participou na presentación do obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove VI

28-11-19

 Burela, 28 de novembro de 2019. O alcalde, Alfredo Llano, participou esta mañá na presentación do obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove, que bota a andar estes días. En Burela serán sete as persoas que participen e que recibirán formación en pintura e realizarán diversas tarefas de pintado.
O rexedor declarou que “estamos metidos nun obradoiro común aínda que se dan diferentes especialidades nos distintos concellos. Nosoutros o ano pasado estivemos aquí cun obradoiro, tamén compartido con estes outros dous Concellos, de xardinería, e este ano imos dalo de pintura. Xa levábamos tres anos sen dar un obradoiro de pintura, consideramos que é unha boa fórmula para que sete rapaces do noso concello formen parte deste obradoiro, para que aprendan un oficio, ao mesmo tempo sempre queda un pouso do bo facer que se realiza nestes obradoiros”.
Alfredo Llano explicou que “ten unha duración de nove meses. Comezan hoxe e a partir do 15 ou 16 de xaneiro xa se van poñer a pintar, porque de momento empezan con temas teóricos. Van facer traballos no noso concello que van ser pinturas de interiores, pinturas en exteriores e marcados de sinalización horizontal. Penso que van ter bastante traballo e desde logo o que vemos de positivo é que, unha vez rematado este traballo, a xente á que lle guste e pode valer teña unha oportunidade de inserción laboral”.
Na presentación estiveron os alcaldes dos tres Concellos e tamén o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive