19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O luns terá lugar en Covas o sexto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña

08-11-19

 A Mariña, 8 de novembro de 2019. O vindeiro luns, 11 de novembro, terá lugar o sexto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Covas. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 4 ao 10 de novembro no comercio asociado a Beiras de Viveiro entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Covas.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña desenvólvese en Covas do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña estará en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.
A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Novos premiados
E mentres seguen aparecendo premiados desta campaña. Mª Jesús Pedre foi a afortunada cos 500 euros en vales de compra no sorteo celebrado en Burela. O presidente do CCA local, Miguel Flórez, foi o encargado de entregarlle o seu premio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive