Viveiro, 11 de decembro, 2019. Bernardo Fraga Galdo, Portavoz do Grupo Municipal de POR VIVEIRO, ao abeiro da lexilación vixente, presenta ao PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VIVEIRO, as seguintes:
PREGUNTAS:
1. No cruce dos Catro Camiños en Celeiro, hai unha pequena parcela privada xusto na esquina. A parcela é unha esquina sen ningún tipo de utilidade urbanística para os seus propietarios, polo que o seu prezo debería de ser moi reducido, pero para o cruce suporía unha mellora, tanto na accesibilidade de vehículos á estrada do cemiterio, coma para ampliar a beirarrúa.
É por isto que preguntamos ao equipo de goberno:
Plantexa o equipo de goberno de Viveiro a adquisición da citada parcela para a ampliación do cruce, mellora da accesibilidade e beirarrúa da zona?
2. No paseo entre Viveiro e Celeiro, faltan un total de 20 árbores e 3 están secas, e levan así varios anos, é por isto que preguntamos:
Ten o equipo de goberno pensado repoñer as árbores ou manterá a mesma política de arrase coa arboreda municipal coma no Parque Pernas Peón?
ROGOS:
1. Na zona de acceso á explanada de Verxeles(Corte Inglés), na zona de Lodeiro, entre o ambulatorio e acceso ás últimas vivendas da Avenida de Ramón Canosa, e no acceso aos galpóns do muelle deportivo existen liñas continuas na estrada que impiden o acceso aos estacionamentos e garaxes por parte dos veciños, que se ven obrigados a percorrer moita distancia para poder facer un cambio de sentido para acceder ás citadas zonas.
Rogamos ao equipo de goberno, que realice as xestións necesarias para o pintado en discontinuo das citadas zonas, co obxecto de facilitar o acceso e mobilidade das veciñas e veciños nos seus vehículos.