13 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A plataforma das auxiliares de Alcoa San Cibrao amosa o total apoio as reivindicacións dos traballadores/as de Reymogasa

10-01-20

 Cervo, 09 de Xaneiro de 2020. Dende a plataforma das auxiliares de Alcoa San Cibrao queremos amosar o noso total apoio as reivindicacións dos traballadores/as de Reymogasa.
Apoiaremos as mobilizacións convocadas e poñémonos a dispor do que precisen tanto o comité de empresa como todos os operarios/as.
Así mesmo pedímoslle a todos os compañeiros, do resto de auxiliares a solidariedade cos compañeiros/as.
A reivindicación dunha subrogación que garanta o 100% das condicións laborais actuais é unha petición xa non digna é necesaria, se non unha petición que non fai máis que esixir o xa representado no convenio provincial da sidrometalurxia de Lugo.
O noso apoio vai tamén coa solucitude as partes implicadas, Dominion I&I e de forma subsidiaria a Alcoa, que cumpran coa legalidade vixente, que non é outra que o convenio provincial e o convenio da empresa Reymogasa.
Dende a plataforma seguimos traballando para realizar unha manifestación conxunta de todas as auxiliares presentes na mesma, na que entre outras solicitaremos a solución a subrogación dos operarios de Reymogasa, a readmisión dos compañeiros despedidos en Industrias Xove, o fin da discrimación por sexo das mulleres que perciben salarios por debaixo do dos homes e a reivindicación dos traballadores das auxiliares como traballadores directos da planta de San Cibrao.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive