11 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A CIG reclama que se suspenda a actividade de mantemento das zonas verdes da Deputación

23-03-20

Lugo, 23 de Marzo de 2020. Desde a CIG enviamos hoxe un escrito á Deputación Provincial de Lugo para que se suspenda a actividade de mantemento das Zonas verdes provinciais, servizo que se presta a través da Tragsa, por encomenda de xestión da deputación de Lugo. Corresponde ao servizo que ate final de ano realizaba Suplusa.
Durante a pasada semana os traballadores e traballadoras de dito servizo estiveron sen traballar por orde da empresa do día 16 de marzo, mais durante a fin de semana a plantilla de dito servizo recibiu orde de reincorporarse ao servizo o día de hoxe , luns 23 de marzo. Desde a CIG consideramos un erro que dito servizo se retome posto que no se trata nen dun servizo esencial nen dun servizo imprescindíbel, polo que a activación do servizo supón un aumento dos rsicos de contaxio, expoñendo tanto aos traballaodres e traballadoras, como á poboación en xeral, mais se contamos que se trata dun servizo que se desplaza por distintas áreas de toda a provincia de Lugo.
É por iso, que en aras da saúde pública solicitamos á Deputación de Lugo a que adopte as medidas necesarias para que dito servizo cese durante o estado de Alarma e que a plantilla quede nas súas casas con permiso retribuido, ao igual que a plantilla da Deputación.
Entendemos que a actitude da empresa Tragsa é absolutamente imprudente e temeraria, primando criterios mercantís frente ao criterios de saúde pública, algo absolutamente inxustificable nunha empresa pública.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive