10 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os concursos de debuxo e de relato curto convocados polo Concello de Foz contaron con máis de 60 participantes

25-03-20

 Foz, 25 de marzo de 2020. Os concursos on line de debuxo e de relato curto convocados polo Concello de Foz contaron con máis de 60 participantes. O prazo para a entrega dos traballos rematou onte, martes, e hoxe danse a coñecer os premiados.
O concelleiro de Cultura, Héctor Moris, destacou que os certames “tiveron bastante éxito, con máis de 60 participantes, e houbo moita calidade, polo que foi moi difícil decidir. Levamos a cabo esta iniciativa para ofrecer unha pequena evasión da mente para os nosos nenos e nenas e para os maiores; e tamén para ter un pouco de actividade cultural. Dá gusto ver como a xente se implica cando se fan actividades deste tipo”.
O premiados son os seguintes:

CONCURSO DE DEBUXO:

Infantil (ata 5 anos):
1º- Martín Méndez Rodríguez.
2º- Adrián Méndez Rodríguez.
3º- Fanny Lage Lousas.

1º Ciclo de Primaria (ata 8 anos):
1º- Mara Herrero Fernández.
2º- Iago Prado Fernández.
3º- Mar Pérez Martínez.

2º Ciclo de Primaria (ata 11 anos):
1º- Camila Ramos Manfugás.
2º- Jana Lage Lousas.
3º- Marisela Pérez Martínez.

ESO:
1º- Lucía Rocha Fernández.
2º- Noa Prado Fernández.
3º- Antón Ramos Blanco.

Bacharelato:
1º- David López Lapena.
2º- Andrea Chao García.
3º- David López Lapena.

CONCURSO DE RELATO CURTO:

Infantil (ata 12 anos):
1º- Esteban Rodríguez Dorrego.
2º- Alina Rodríguez Dorrego.
3º- Ángela Méndez Mesa.

Xuvenil (ata 17 anos):
1º- David López Lapena.

Adultos (maiores de 18 anos):
1º- María Victoria Varela Varela.
2º- Fátima Palmeiro Rodríguez.

Para os dous concursos hai tres premios por categoría, que consisten en vales de compra de 50, 30 e 20 euros para usar en librerías de Foz.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive