05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ciclo de charlas en liña da Federación Galega de Atletismo

22-04-20

 A Coruña, 22 de abril de 2020. A Federación Galega de Atletismo realizará un ciclo de charlas informativas en liña onde se abordarán de mans de profesionais especializados/as, distintos enfoques de actualidade
relacionados ca crise do COVID19.
A iniciativa xurdiu como consecuencia da gran incertidume existente en moitos aspectos que afectan de maneira moi especial e directa ó noso deporte. Para elo, abordaranse distintas charlas a través das cales se pretende arroxar algo de luz e asesoramento sobre catro grandes bloques que serán basicamente os que afecten á economía, a saude, a xestión, e a
planificación.
A primeira das mesmas dará comezo este mesmo venres as 20.30 horas a través
de facebook live da Federación Galega de Atletismo e correrá cargo de Rafael Alonso Martínez, responsable dos Servizos Xurídicos da FGA. Nela falarase sobre diversos aspectos relacionados cas consecuencias económicas que esta crise está a causar ós nosos clubs, adestradores e demais persoal con algún tipo de prestación laboral e de como as distintas medidas excepcioais aprobadas recentemente polo goberno, afectarán ós procedementos administrativos dos mesmos.
O ciclo de charlas será cada venres as 20.30 horas e nelas poderanse plantexar a través da canle do chat as distintas dúbidas de cada un dos/as participantes

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive