12 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Daniel Vega critica a falta de previsión do goberno local de Ribadeo por ter o camión de bombeiros avariado dende hai un mes

28-05-20

 Ribadeo, a 28 de maio de 2020.- O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, critica a falta de previsión do goberno local á hora de “manter dispoñible o material e a maquinaria municipal para a loita contra incendios forestais” e pídelle explicacións ao rexedor sobre os motivos polos que o camión motobomba do Concello está sen arranxar e por que non ten solicitado as brigadas forestais de loita contra incendios que a Xunta pon a disposición de tódolos Concellos.

O popular ten en conta que “os incendios poden ser provocados ou fortuítos”; pero iso non exime ao goberno local de xestionar correctamente os medios necesarios para facerlles fronte a estes lumes. Considera Vega que “non pode ser que no goberno ribadense reine a desidia”. Así o expón debido a que “o camión motobomba leva máis dun mes avariado e sen arranxar” e, polo tanto, “non puido saír a apagar o incendio producido onte na parroquia de Ove, na recta de Pastoriza”.

Daniel Vega agradece a colaboración de todos os efectivos que participaron nos traballos de extincións, tanto municipais, como autonómicos e mesmo doutros concellos que puxeron achegaron os camións motobomba dos que si dispoñen. Nesa liña, o popular incide en que “Ribadeo precisa medios para loitar contra o incendios: tanto a maquinaria en perfecto estado para o seu uso en condicións de seguridade coma brigadas de prevención e loita contra incendios que a Xunta pon a disposición dos Concellos, pero que o Concello de Ribadeo se nega a solicitar”. Vega recorda, a este respecto, que “as brigadas teñen un labor moi importante de cara á prevención de lumes como é a limpeza dos montes”.

Os populares agardan unha resposta do señor Suárez sobre a falta de medios para previr e sufocar os lumes coma o de onte no noso municipio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive