05 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Diego Rego cumple un ciclo no Atleti e non seguirá como adestrador do 1º equipo das Escolas de Lourenzá

14-05-20

 Lourenzá, 14 de maio, 2020. Parece que foi o outro día cando un 15 de xuño de 2017 presentábamos oficialmente a Diego como adestrador do primeiro equipo, logo de dirixir na tempada anterior ó noso equipo xuvenil firmaba como responsable do 1º equipo.

Suma por tanto tres tempadas inesquecibles (2017/18 como equipo revelación, – 2018/19 co ascenso a 1ª e ésta 2019/20 en primeira cortada pola crise sanitaria). En principio dende o clube ofreceuselle a posibilidade de continuar un ano máis. Logo de pensalo e analizalo unhos días, decidiu o míster poñer o punto e aparte pois considera que o seu ciclo debe rematar agora. Nós evidentemente non podemos facer outra cousa que comprender e respetar a súa decisión.

Diego Rego na súa despedida:
“Gracias Lou‼️
Gracias a todos(directiva, afición, xogadores) por darme a oportunidade de dirixir ó equipo do meu pobo. Tres anos maravillosos aprendendo, disfrutando, competindo e compartindo todo entre todos. Tres anos de alegrías, disgustos, éxitos, fracasos..a vida mesma.
Grazas a todos
Aúpa atleti”.

Dende a directiva queremos agradecerlle o traballo realizado nesta que sempre será a súa casa e na que sempre terá aberta a porta da Santa Cruz. Moita sorte, amigo!!!

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive