05 de Xuño de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Ingreso mínimo vital… con matices”, por Marta Rodríguez Engroba

12-05-20

Se de algo se está a falar nestes días é do que xa se considera o gran logro do actual goberno: A posta en marcha do chamado ingreso mínimo vital.

Lóxicamente, este é un tema que en Si, hai saída nos interesa sobremaneira, xa que a gran maioría das mulleres que acuden a nos están nunha situación de extrema vulnerabilidade, e estamos, de feito, inmersos nunha loita para tentar evitar que, en canto se levante o estado de alarma, a moitas delas, o mesmo que a numerosas persoas tamén en condicións moi precarias, se lles corten os suministros básicos por non poder afrontar o pago das facturas, circunstancia agravada polo lóxico aumento do consumo nos fogares durante o confinamento.

E, de súpeto, aparece a posibilidade do ingreso mínimo vital, e moitas destas persoas creron que tal vez ainda había un chisco de esperanza para poder sair adiante.

Pero claro, coma en tantas outras cousas da vida, sobre todo nas que teñen que ver cos políticos e as institucións, e mais ainda cando se trata de cartos, hai que ler a letra pequena, e con coidadiño de non pasar por alto nin unha soa coma.

E eso fixemos cando quixemos saber todo o referente a este ingreso, e, por suposto, aos requisitos precisos para acceder a él.

Este ingreso vai destinado, din, as persoas ou familias mais vulnerables, e manifestan, desde o goberno, que case cen mil fogares candidatos a el son monoparentais, ou monomarentais, perdón!, porque agora mesmo xa non sei moi ben como dicilo, e se trata, aseguran, de que ninguén se quede atrás.

Para que unha persoa poida acceder a él deberá ter unhos ingresos inferiores a 200 euros mensuales…….Ou sexa, estar na indixencia mais absoluta, pero ollo! a esixencia deste requisito exclúe claramente a persoas cunhos ingresos a todas luces insuficientes, que lles impiden facer fronte aos gastos mais básicos, pero si abriría a porta a que, pola contra, se lles conceda a persoas que, traballando en negro, acrediten non ter ingreso ningún, e que se adaptarían, en teoría, aos requisitos esixidos.

Se volvemos aos que realmente serían candidatos a este ingreso, ou sexa, as persoas con ingresos inferiores a 200 euros, habida conta de que este non se poderá solicitar ata Xuño, e,
malia que, teóricamente, se comezará a cobrar nese mesmo mes, como van sobrevivir ata ese momento?, ou, mellor dito, como están a sobrevivir? Porque son xa dous meses os que levamos en estado de alarma.

Non se lles pasa pola cabeciña aos señores do goberno esa circunstancia?.
E falta saber a quen lle concederán esa axuda e a quen non…que esa é outra!, porque demostrar a vulnerabilidade neste pais noso non é tarefa doada.

Semella que o concepto “necesidade urxente”, ou mais ben “desesperada”, non o coñecen.

Hai outra premisa que os aspirantes ao ingreso mínimo vital deben cumplir, que é non ter unha vivenda en propiedade.

E, chegados a este punto, o meu convencemento de que estamos nas mans de quen non ten nin a mais mínima idea de realidade xa é total e absoluto, curioso nalgúns, mais é certo que hai quen ten unha gran facilidade para esquecer de onde ven.

Porque, imos ver.
Imaxinemos, ou mellor dito, plantexemos unha situación que é moi real, e, por desgraza, moi fecuente.
Unha persoa, unha familia, nun momento dado das súas vidas, no que gozan dunha estabilidade económica, teñen traballo,e, porén, unhos ingresos regulares, mercan unha vivenda.

Un bo día a sorte cambia, o traballo desaparece, con él os ingresos, e a precariedade pasa ser un morador mais desa casa, e a liña que separa a precariedade da miseria é fina, moi fina.
Acaso esa persoa, esa familia, polo feito de ter unha vivenda non teñen dereito a ser axudadas?.

É entendible, e creo que eso ninguén o discute, que se lles dea preferencia a aqueles que non a teñen, ata ahí todo ben, pero ter unha vivenda non é sinónimo de non ter necesidade.
Tal vez algún día fora así, pero na época que nos está a tocar vivir, vivenda e bonanza económica non van da man en demasiadas ocasións.

Ou que sucede se a vivenda é o resultado dunha herdanza, algo moi plausible?.
Implica eso que a persoa que a recibe goce dunha boa situación económica?.
É xusto que, no caso de estar a pasar necesidade e precisar axuda sexa excluída polo feito de posuir esa vivenda, algo que, ao mellor, nin siquera foi a súa vontade?.

Creo que é evidente que non é certo eso que din os que nos gobernan que do que se trata é de que ninguén se quede atrás.
Son moitos os que, en situación extrema, non soamente se quedarán atrás, se non directamente fora, algo que é a consecuencia directa, e non me cansarei de repetilo, de non coñecer as necesidades reais das persoas.

E xa para rematar, gustaríame facerlles unha pregunta,porque, francamente, estou un pouco despistada.
Se este ingreso se pode solicitar a partir de Xuño, habida conta de que levamos dous meses paralizados a case todos os efectos, e a lentitude desesperada coa que a burocracia case sempre nos castiga é, porén, ainda maior, considerando ademais as dificultades que as persoas solicitantes atoparán para xuntar a documentación necesaria, precisamente polo parón que estamos a vivir, e se valora cada circunstancia, alguén me pode explicar como pensan facer o milagre de comezar a pagalo no mesmo mes?.

Francamente, cada vez entendo menos e teño unha maior sensación de que nos están a tomar o pelo.
Non sei, serán cousas miñas!.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive