06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Viveiro impulsa no mes de xullo ‘De Ruada’, un proxecto cultural pioneiro de música na rúa sen aglomeracións

29-06-20

Viveiro, 29 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro, a través da concellaría de Cultura, impulsa ‘De Ruada’, un novo proxecto que aposta pola cultura de rúa e polo factor sorpresa como medida anti aglomeracións.

‘De Ruada’, co slogan ‘cultura de rúa para a xente das rúas’, terá lugar os sábados do mes de xullo polas estradas de Viveiro, Celeiro e Covas. Cun formato de pasarrúas pretende que a cidadanía se atope coa música por sorpresa garantizando a distancia social.

A Concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, tras verse na obriga de recolocar os espectáculos de gran formato para o ano próximo e mantendo o compromiso coa cultura e o sector cultural que manifestara durante o confinamento, ven de propor unha alternativa para continuar coa programación cultural do concello, mentres non se retoma a nova normalidade cultural prevista para o outono deste ano.

Así naceu ‘De Ruada’, un proxecto pioneiro que explora outros formatos de facer cultura, de entreter e manter a tradición dunha programación cultural sólida e de calidade no municipio.

“Tendo sempre en conta as recomendacións sanitarias e a necesidade de preservar a saúde, temos que manter a actividade cultural e de ocio durante o verán, polo que apostamos por esta iniciativa de animación das rúas; será unha gran sorpresa para todos”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Para o mes de xullo apostouse pola cultura galega e feita en Galicia, da man de grupos como Organeta, Os Bregadiers, Cé Orquestra Pantasma e Latexo Percusión; que ofrecerán a viveirenses e foráneos unha programación que mixtura os ritmos e instrumentos tradicionais con proposta máis vangardistas e ritmos de swing, jazz e rock&roll.

Actualmente estase a traballar na continuidade da programación coa mirada posta no mes de agosto para o que se baralla a incorporación na axenda cultural de grupos e outras propostas locais, na que amosar todo o potencial creativo do municipio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive